IniciosociedadeA Romaxe Viquinga do Vicedo apunta á declaración de interese turístico

A Romaxe Viquinga do Vicedo apunta á declaración de interese turístico

O evento, que se celebrará do 26 ao 27 de xullo, presentouse en Santiago de Compostela

Publicada o

- Advertisement -

A Romaxe Viquinga do Vicedo, que se celebrará na praia de San Román deste concello mariñao os días 26 e 27 de xullo, presentouse en Santiago de Compostela nun acto que contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Participaron canda eles na presentación, que acolleu o Pazo de San Roque, o alcalde do Vicedo, Jesús Novo, e mais Andrea Pousa e Enrique Domínguez, Queiman e Pousa, coordinadores artísticos do evento.

A romaxe, que pregoará o actor e cómico Serxio Pazos e que contará no seu cartel coa actuación Terras de Queimada, do Bruxo Queiman, cumpre a súa cuarta edición. Podes consultar o programa completo da festa aquí.

A MARIÑA, XEODESTINO EN AUXE

Castro asegurou que se trata dunha celebración “que chegou para quedarse” e que nas súas catro edicións “está a demostrar ser un impulso para a oferta turística da Mariña Lucense durante o verán”, un destino que “está a evolucionar moi positivamente nos últimos anos”. De feito, en 2018 foi o segundo xeodestino que máis medrou.

Así, a directora xeral de turismo mostrouse convencida de que a romaxe obterá a declaración de interese turístico galegona vindeira década”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...