InicioPolíticaOtero promete "integrar todas as sensibilidades" do PSOE lucense

Otero promete “integrar todas as sensibilidades” do PSOE lucense

Sobre a posibilidade de integrar na executiva ao seu rival nas primarias, José María Arias, a deputada parlamentaria sinala que "declinou" ofrecementos de formar parte dela

Publicada o

- Advertisement -

A nova secretaria xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero, asegurou que a súa intención é incluír na executiva provincial socialista, que sairá do congreso que se celebrará o vindeiro sábado, “todas as sensibilidades” do partido.

A deputada no Parlamento galego e ex concelleira de Burela asegurou que no seu proxecto “caben todos”. En canto á posibilidade de integrar ao seu rival nas primarias, o alcalde de Castroverde, José María Arias, Otero recordo que ela mesma lle ofreceu a secretaría de medio rural na súa executiva ou a vicesecretaría xeral, “pero declinou ese ofrecemento”.

AS AUTONÓMICAS, PRIMEIRO OBXECTIVO

En todo caso, e á espera de ver o que acontece no congreso da vindeira fin de semana, Otero asegurou que ten a intención de “integrar todas as sensibilidades” do partido e, por tanto, darlles participación na executiva, porque a súa idea é facer “un PSOE lucense máis forte e cohesionado”, co obxectivo de ser a forza máis votada na provincia e axudar así a Gonzalo Caballero a ser presidente da Xunta de Galicia en 2020. Máis información no Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...