InicioPolíticaEncarna Amigo dimite como concelleira do PP de Trabada

Encarna Amigo dimite como concelleira do PP de Trabada

A deputada autonómica alega "razóns de incompatibilidade" para presentar a renuncia, dado que, argumenta, os plenos do Concello e do Parlamento galego coincidirán no tempo

Publicada o

- Advertisement -

A número 2 da candidatura do Partido Popular (PP) de Trabada, a deputada no  Parlamento galego Encarna Amigo, anunciou este martes que dimite –dous meses e medio despois do pleno de investidura– como concelleira do grupo conservador no municipio por “razóns de incompatibilidade“.

Amigo presentou este martes o escrito de renuncia “pola imposibilidade de atender os deberes propios do cargo coa dedicación que tal responsabilidade conleva”, argumenta.

A ex concelleira popular explica que os horarios que o goberno socialista previsiblemente aprobará no pleno de organización do vindeiro mércores “coinciden coas sesións plenarias do Parlamento de Galicia e, polo tanto, non podería acudir”.

CRÍTICAS Á ALCALDESA

Así, quéixase da “insensibilidade” da alcaldesa, a socialista Mayra García Bermúdez, á hora de escoller o día e a hora das sesións plenarias, que se celebrarán o segundo mércores dos meses impares. Esta situación “limita os meus dereitos como concelleira”, asegura Amigo, que se di “obrigada” a tomar esta decisión.

Preguntada por este punto, a rexedora preferiu non facer declaracións ao respecto, aínda que si matizou que en ningún momento se lle solicitou modificar a periodicidade e horario dos plenos.

XUNTANZA PARA EXPLICAR A DEMISIÓN

A presenza na candidatura de Amigo, médica natural das Nogais e que no pasado mandato exerceu como edil do PP en Lugo, foi unha das sorpresas das pasadas eleccións municipais.

A ex concelleira e deputada autonómica avanza que explicará a súa postura nunha xuntanza que se convocará no municipio “coa veciñanza que queira asistir e cos simpatizantes do PP local”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...