IniciosociedadeA Festa Castrexa converterá a Praza da Mariña de Burela nun castro

A Festa Castrexa converterá a Praza da Mariña de Burela nun castro

Unha peza teatral dirixida por O Torques e os xantares castrexos son as outras novidades da sétima edición do evento

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Burela Castrexa, que organiza a sétima edición da Festa Castrexa de Burela, anunciou o programa do evento. Unha das novidades da cita, que se celebrará entre os días 6 e o 8 de xullo, será a recreación vivente dun castro na Praza da Mariña.

A praza albergará así unha representación da cultura castrexa, con personaxes e oficios da época, talleres artesanais e exposicións de peles e armas. Tamén haberá no recinto unha zona de xogos infantís.

o recinto ofrecerá una panorámica da cultura castrexa, con personaxes, oficios e exposicións

O teatro castrexo será outra das novidades do evento. O grupo local O Torques traballa xa cos veciños na representación teatral dun episodio da historia de Burela. Os participantes interpretarán a peza o venres pola noite, xusto despois do desfile dos clans, que partirá da zona da estación de servizo ata a Praza do Concello.

No tocante ao desfile, a organización dispuxo un incremento no número de premios para as mellores caracterizacións. Haberá galardóns para clans con máis de seis participantes, para os que conten con menos de seis persoas, e tamén para parellas ou nenos. Contraste, Restaurante Sargo, Óptica Afflelou, Hotel Galatea ou Xogando nas Nubes doarán os agasallos. A noite do venres rematará cunha nova cea de irmandade e con baile a cargo de Dambara.

Díptico coas actividades. AXM

SÁBADO

Coa intención de que a comida se celebre tamén en conxunto na Praza do Concello, a organización impulsou os xantares castrexos. Ofrece menús a prezos populares que recomenda reservar con antelación. Burela Castrexa ampliará o prazo ata o luns 2 de xullo.

O sábado, haberá xogos castrexos na praia pola mañá e a busca do torques será pola tarde. Os premios metálicos dos xogos correrán a cargo de empresa como A Parrillada de Jandro, Noel López Pinín Centro de Bienestar o D’Tallas. Os clans que queiran participar deberán anotarse na Óptica Afflelou.

Ademais, hai prevista unha sesión vermú, na que se sortearán os premios do tapeo castrexo. A orquestra Revolution pechará a festa coa verbena.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...