IniciosociedadeA Deputación celebrará o 20 de agosto un pleno extraordinario sobre a...

A Deputación celebrará o 20 de agosto un pleno extraordinario sobre a rede de residencias provinciais

Tomé reitera a vontade de "cumprir os compromisos adquiridos" con concellos como Ourol e A Pontenova e acusa ao PP de "xerar incerteza" entre a veciñanza

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo celebrará o vindeiro martes 20 de agosto o pleno extraordinario sobre a rede de centros de atención a maiores solicitado polo Partido Popular o pasado venres.

Ao anunciar a data da convocatoria, o presidente, José Tomé, remarcou a “axilidade, rigor, transparencia e respecto institucional” coa que o executivo provincial respondeu á petición do PP, ao que acusa de “intentar manipular” e “xerar incerteza” entre os concellos e a veciñanza.

A voceira da formación conservadora, Elena Candia, acusara ao novo goberno provincial de “desentenderse” das residencias. O propio delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, asegurou que “probablemente Ourol quedará sen residencia” de renunciar o executivo provincial á súa xestión.

A DEPUTACIÓN “CUMPRIRÁ OS COMPROMISOS ADQUIRIDOS”

Neste senso, o socialista reiterou que “o executivo garante o cumprimento de todos e cada un dos compromisos adquiridos cos concellos en materia de construción e posta en marcha de residencias”, reafirmando que “non se formalizará ningún novo“.

Tomé engadiu que “a través do diálogo e a colaboración institucional, intentarase que a Xunta de Galicia se faga cargo desta competencia”.

Así, o novo goberno provincial asegurou que cumprirán cos convenios asinados para as obras das residencias de Ourol e A Pontenova. Podes ler a noticia completa en Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...