InicioSucesosUn ribadense de 30 anos, arrestado por varios roubos en vivendas da...

Un ribadense de 30 anos, arrestado por varios roubos en vivendas da comarca

A Garda Civil seguiu a pista do detido a través dun anuncio de venda de obxectos de segunda man na Internet

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A Garda Civil detivo un veciño de Ribadeo de 30 anos como suposto autor de varios delitos de roubos en vivendas da comarca da Mariña Lucense.

Tras ter coñecemento da subtracción dunha rozadora e unha motoserra no interior dunha vivenda de Ribadeo o pasado mes de xuño, as axentes iniciaron unha investigación na que detectaron un anuncio de venda de dúas máquinas de características similares nunha páxina de obxectos de segunda man en Internet.

RELACIONADO COA ‘OPERACIÓN ZERO’

Tras identificar ao vendedor, confirmaron a súa relación con outros roubos en vivendas, investigados no marco da operación Zona Cero, que se saldou con seis detencións o pasado mes de abril.

No rexistro domiciliario da persoa detida localizáronse, ademais da maquinaria subtraída, outros obxectos procedentes de varios roubos polos que xa estaba sendo investigado.

DOUS COLABORADORES

Trala súa detención, tívose coñecemento así mesmo de que na subtracción da maquinaria participaran outras dúas persoas: unha veciña de Viveiro de 25 anos en paradoiro descoñecido e un veciño de Ferrol de 39 anos que se atopa cumprindo condena no centro penitenciario de Bonxe por delitos cometidos recientemente nas localidades de Ribadeo e Mondoñedo. O arrestado foi posto a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...