IniciosociedadeO Souto da Retorta promociónase como recurso turístico cara ao mercado ruso

O Souto da Retorta promociónase como recurso turístico cara ao mercado ruso

O eucaliptal de Chavín atraeu a atención do grupo de axentes de viaxes rusos que este luns visitaron o Concello de Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

As paisaxes do Souto da Retorta atraeron a atención do grupo de axentes de viaxes rusos que este luns visitaron o Concello de Viveiro.

Os prescriptores turísticos, que percorren distintos lugares de Galicia desde o venres, interesáronse especialmente polos recursos naturais do municipio xa que un dos obxectivos da viaxe organizada é a promoción do turismo de natureza no mercado ruso.

RECEPCIÓN DO CONCELLO

A expedición foi recibida pola concelleira de Turismo, Marisol Rey, e polo Primeiro tenente de alcalde, Jesús Fernández, que os acompañaron nun paseo polo eucaliptal de Chavín, onde poden verse algúns dos exemplares de maior envergadura de toda Europa. Durante a xornada tiveron ocasión tamén de coñecer o casco antigo de Viveiro.

Desde o consistorio, destacan que estas accións son “fundamentais” para potenciar Viveiro fóra de Galicia e relacionan estas estraxias de promoción co “incremento de visitantes rexistrados durante o periodo estival”.

Segundo os datos achegados polo Concello, a oficina de turismo recibiu nos últimos tres meses de verán 32.004 visitantes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...