IniciosociedadeA enquisa das enfermeiras cifra a eventualidade no 32,4% na Mariña e...

A enquisa das enfermeiras cifra a eventualidade no 32,4% na Mariña e por riba do 44% no hospital

O colectivo das temporeiras concentrouse este venres con máscaras para criticar a "opacidade" do Sergas respecto da súa situación

Publicada o

- Advertisement -

As Enfermeiras Eventuais en Loita da Mariña Lucense seguen a reivindicar melloras nas súas condicións laborais e este venres concentráronse de novo en varios puntos da comarca, entre eles o Hospital da Costa.

Cunhas máscaras que simbolizaban a “opacidade” do Servizo Galego de Saúde (Sergas) no tocante aos datos da cantidade de temporeiras que traballan na sanidade pública, as enfermeiras retomaron as protestas realizadas cada mes.

Mentres que a Xunta de Galicia defende que o porcentaxe de persoal fixo nesta profesión é do 88%, as profesionais eventuais elaboraron unha consulta pechada en setembro deste ano coa que aseguran que as temporeiras supoñen o 35% do total.

Datos do global da Mariña segundo o estudo de campo. AXM

O estudo achega datos da Mariña Lucense. Así, no conxunto da comarca hai, segundo as Enfermeiras Eventuais en Loita, un 32,4% de temporeiras (74 de 228), por un 67,7% de persoal fixo (155).

No Hospital Público da Mariña, o seu peso aumenta. Segundo a enquisa, das 153 que forman o plantel, 68 (o 44,4%) son eventuais.

Táboa da eventualidade nos hospitais galegos. AXM

PRECARIEDADE E TEMPORALIDADE

A precariedade e a temporalidade, acumulando centos de contratos, ou as dificultades para conciliar a vida laboral e familiar son algúns dos problemas que denuncia o colectivo de temporeiras.

A PLATAFORMA ASESORA COAS RECLAMACIÓNS

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña asesorará de novo coas reclamacións. A súa unidade móbil estará ubicada no hospital o 15 de outubro, martes, de 11.00 a 13.00 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...