InicioCulturaSergio Pazos animará o certame de teatro afeccionado de Lourenzá, con grupos...

Sergio Pazos animará o certame de teatro afeccionado de Lourenzá, con grupos das catro provincias

As representacións dos grupos finalistas serán do 2 de novembro ao 1 de decembro e o día 14 celebrarase a gala, na que o cómico ofrecerá un monólogo

Publicada o

- Advertisement -

As oito obras seleccionadas para a terceira edición do certame de teatro Concello de Lourenzá representaranse desde o 2 de novembro ata o 1 de decembro. Na gala de entrega de premios, que será o 14 de decembro, actuará Sergio Pazos, que presentará o seu espectáculo ‘Rebento se non o conto‘.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explicou que o 2 de novembro “abrirá o telón a compañía Coles Teatro, de Ourense, coa obra ‘A tía Rosita‘. Será ás 20.30 horas no consistorio”actuación do humorista galego Sergio Pazos, co monólogo Rebento se non o conto”.

A segunda representación do certame será o domingo 3 de novembro, ás 20.00 horas. Trátase da obra ‘All you need is war‘, de O Catre Teatro (As Pontes).

O 15 de novembro, ás 20.30 horas Touporroutou, de Foz, ofrecerá ‘Comedia bífida‘; o sábado 16, á mesma hora, Carauta Teatro, de Santiago, representará ‘Un! dous! tres!‘.

O certame continuará o sábado 23, ás 20.30 horas con Fauna 113, de Vigo, que porá en escena ‘A última cea‘. Este grupo é o gañador da anterior edición do certame. O día 24, ás 20.00 horas Matabelas Teatro, de Teo, ofrecerá a obra ‘A estraña familia‘.

As actuacións do certame rematarán a fin de semana do 30 de novembro e 1 de decembro. O sábado ás 20.30 horas Avelaíña Teatro, de Pontevedra, representará ‘A Lola‘ e o domingo ás 20.00 horas Gargallada Teatro, do Barco de Valdeorras, ofrecerá ‘Fuga‘.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...