Fauna 113 triunfa no segundo certame de teatro Concello de Lourenzá

O grupo vigués leva o Conde Santo á mellor representación por 'Deus, unha comedia'

Fauna 113 recolle o premio Conde Santo. AXM

O grupo vigués Fauna 113 levou o premio Conde Santo á mellor representación na segunda edición do certame de teatro Concello de Lourenzá.

O concurso rematou o pasado domingo, cunha gala na que se entregaron os premios dispostos pola organización. A entrega de premios contou coa actuación do grupo Arte Estudio Teatro, que reprenstou a obra ‘Feirantes‘.

A compañía teatral de Vigo foi distinguida pola súa recreación de ‘Deus, unha comedia‘, baseada na obra de Woody Allen.

O premio Lourenzo, ao mellor actor, foi para Pablo Rodríguez, de Fauna 113, e Iris Darriba, do mesmo grupo, levou o galardón á mellor actriz.

No tocante aos intérpretes de reparto resultaron premiados Xabier Fernández e Menchu González, ambos de Avelaíña, grupo de Pontevedra.

Esta mesma compañía acadou o premio María Castaña á mellor posta en escena. Finalmente, o premio especial do público foi para ‘Borralliña‘, a peza interpretada polo grupo lucense Os Palimoquiños.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here