InicioEconomíaO comité de Alcoa retomará as protestas "de inmediato" coa poxa de...

O comité de Alcoa retomará as protestas “de inmediato” coa poxa de interrompibilidade no punto de mira

Os sindicatos traballan na organización dunha concentración similar ás de Viveiro, Cervo, Xove e Burela

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O novo presidente do comité de empresa da planta que a multinacional Alcoa ten no municipio lucense de Cervo, José Antonio Zan -de Comisións Obreiras (CCOO)-, confirmou que as mobilizacións para reclamar medidas que garantan a produción de aluminio primario e, polo tanto, o mantemento da actividade e dos postos de traballo, retomaranse “de forma inmediata”.

Precisou que os sindicatos presentes no comité de empresa xa están traballando, á espera de que o Goberno de España presente medidas que ofrezan certeza á actividade de Alcoa na Mariña Lucense, na organización “dunha gran concentración na comarca“, similar ás convocadas en semanas pasadas en localidades como Viveiro, Burela, Xove ou Cervo.

Pero ademais, confirmou que os sindicatos tamén están de acordo na necesidade de facer visible este problema máis aló da Mariña e ata fóra da provincia, tendo en conta de que as solucións á difícil situación que atravesa a factoría dependen de decisións que teñen que tomarse na capital de España.

MOBILIZACIÓNS EN LUGO E MADRID

Por iso, anunciou que haberá outras dúas mobilizacións, unha “en Lugo” e a outra “en Madrid” para reclamar un prezo da enerxía equiparable ao que gozan as empresas electrointensivas en países como Francia ou Alemania.

Recoñeceu que, neste momento, os representantes dos traballadores están moi pendentes do “regulamento” que regulará “a nova poxa de interrompibilidade, dado que “diso depende moito a viabilidade” da propia fábrica.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...