InicioCulturaNatalia Carou Figueira gaña o Vilar Ponte de Novela con 'O mal...

Natalia Carou Figueira gaña o Vilar Ponte de Novela con ‘O mal querer’

O segundo galardón foi para Ramón Carredano, autor de 'Qwerty'

Publicada o

- Advertisement -

Natalia Carou Figueira resultou a gañadora da segunda edición do Premio Vilar Ponte de Novela, concedido polo Concello de Viveiro. A obra ‘O mal querer‘ foi distinguida polo xurado por tratarse “dunha novela redonda, moi dura, que retrata a sociedade actual onde a violencia, o machismo, a droga, o maltrato, o acoso escolar, a manipulación mediática, os poderes fácticos, e, sobre todo, o desamor ou desafecto se xuntan nun cóctel destructor no que se ve atrapado o lector”.

O segundo premio foi para Ramón Carredano Cobas, coa obra ‘Qwerty‘, que segundo o xurado é “dunha lectura que pode resultar máis complexa debido aos saltos temporais do pasado, presente e futuro (o soño da viaxe no tempo). Destaca a sensibilidade sensual e poética (sabores, olores) combinando o respeto á natureza có progreso e os avances da ciencia”.

O xurado estivo composto por tres persoas vinculadas ao ámbito literario e cultural e un representante do Concello de Viveiro que actuou como secretario con voz e sen voto: Carlos Nuevo Cal (cronista oficial viveirense e mestre), Xoán Neira López (mestre e escritor), María Donapetry Camacho (profesora e escritora), e Rosario San Isidro, traballadora municipal. 

ENTREGARASE O 5 DE DECEMBRO

Carou Figueroa sucede así no palmarés do premio, con 4.000 euros para o gañador, a Adolfo CaamañoO acto de entrega de premios será o xoves 5 de decembro de 2019 no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 20.30 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...