InicioEconomíaO PSOE insta á Xunta a "velar" porque "as axudas" a Muebles...

O PSOE insta á Xunta a “velar” porque “as axudas” a Muebles Hermida “non sexan en balde”

Os socialistas reclámanlle ao Goberno galego que medie para un plan de viabilidade na empresa, que solicitou o concurso de acredores

Publicada o

- Advertisement -

A parlamentaria do PSdeG-PSOE Patricia Otero esixiulle este mércores á Xunta de Galicia que “medie para garantir os postos de traballo” de Muebles Hermida e garantan un plan de viabilidade que permita manter a actividade da empresa, que solicitou o concurso de acredores. A responsable socialista presentou unha pregunta oral diante do Pleno do Parlamento galego na que lle esixiu ao Executivo autonómico que “non sexa mero espectador”.

A parlamentaria luguesa instou ao conselleiro de Industria que “non se sente a agardar a que o problema se solucione”, e lembrou que a que foi un dos dez principais fabricantes de mobiliario a nivel estatal hoxe segue a ser a principal empresa do concello de Lourenzá e que da traballo a case cen familias da Mariña que levan xa catro meses sen cobrar.

O PAGO DOS SALARIOS ATRASADOS, “IRRENUNCIABLE”

Otero instou á Xunta a intervir para garantir o dito plan de viabilidade, reclamado polas tres forzas da corporación municipal -PSdeG-PSOE, PP e BNG-, “poñendo por diante como condición irrenunciable o pago dos salarios atrasados”. Apuntou que “o Goberno galego algo terá que dicir e facer” nesta situación logo de terlle concedido “cuantiosas axudas públicas á empresa” e reclamoulle ao conselleiro que “vele por que os millóns de subvencións do Igape non sexan en balde”.

Así, reclamoulle aos dirixentes da Xunta que “fagan seguimento das axudas públicas que reciben empresas como Muebles Hermida para que non caian en saco roto e garantan a viabilidade, o mantemento da actividade e os postos de traballo na comarca da Mariña”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...