O Pescados Rubén Burela FS fichou ao brasileiro, pero internacional coa selección uruguaia, Xande de los Santos, procedente do Jaraguá, que se converterá no primeiro reforzo invernal do cadro da Mariña Lucense, nun mercado de inverno no que o equipo que prepara Juanma Marrube cedeu a Éverton e Juanfran ao Ceutí.
A á zurdo chegou xa á localidade do norte de Lugo para sumarse ao equipo da máxima categoría do fútbol sala nacional.
Ademais da súa experiencia co combinado uruguaio, ao seus 31 anos, o xogador, de gran polivalencia, conta no seu percorrido con éxitos no Petropolis Esporte Clube (2009), no propio Jaraguá (2011-14), Magnus Futsal (2016) ou Sport Club Corinthians (2017). Esta será a segunda aventura de Xande no fútbol sala europeo, tras alzarse coa Liga e a Copa de Portugal en 2015 defendendo o Benfica.
Á ESPERA DA DOCUMENTACIÓN NECESARIA
O conxunto mariñao, que confirmou a incorporación nas súas redes sociais, está á espera da documentación necesaria para formalizar a súa contratación.