O Pescados Rubén Burela FS acaba de pechar o acordo co internacional brasileiro Alexandre Rodrigues Canha (Recife, 1987), Pixote, como segunda fichaxe do conxunto laranxa para 2020, xunto a Xande.
O á destro, procedente do Copagril e que tamén conta con experiencia no futsal ruso, ten prevista a súa chegada á Mariña a mediados de mes, para incorporarse á dinámica de traballo de Juanma Marrube. Con esta novas dúas novas incorporacións e as cesións de Éverton e Juanfran ao Ceutí, o bloque do equipo laranxa cambia para a segunda volta da Liga, na que buscará a permanencia.
Pixote é un futbolista de grande experiencia, que militou con Falcão no poderoso Magnus Futsal ou no Joinville, onde foi o protagonista dunha curiosa anécdota, ao fallar sobre a mesma liña de gol.
ESTE DOMINGO, VISITA A SANTA COLOMA
Este domingo, o Pescados Rubén Burela FS volve á Liga cunha visita ao Santa Coloma (19.00 horas, Olímpico de Badalona).