IniciosociedadeCajoto lembra que Peña demitiu malia "non ter obriga" ao non ter...

Cajoto lembra que Peña demitiu malia “non ter obriga” ao non ter competencias en Asuntos Sociais

O rexedor de Foz carga contra o PP tralo pleno extraordinario para aclarar o conflito entre o centro de día municipal e o privado Aloumiños, da que unha xa ex concelleira é propitaria

Publicada o

- Advertisement -

Despois da celebración do pleno extraordinario da corporación municipal de Foz celebrado esta tarde, solicitado polo Partido Popular (PP) para que se aclarase o que os conservadores xulgan como un conflito de intereses entre a xa ex edil Verónica Peña, copropietaria do centro privado Aloumiños, e o goberno local, o alcalde, o socialista Fran Cajoto, cargou contra o voceiro do PP, Javier Castiñeira.

O rexedor municipal explicou que “nunha tarde intensa quedou perfectamente claro quen traballa por defender o servizo público da residencia e por resolver calquera problema administrativo e quen está por entorpecer, por manipular e por atrancar o labor do equipo de goberno. A actitude do PP actual e do seu portavoz na oposición é inaudita. A oposición quere usar de maneira propagandística un suposto problema que non existe e pretende enganar á opinión pública aínda a costa de desprestixiar o servizo que se está a prestar na residencia e centro de día públicos. Chegamos ao extremo de que o PP critica a convocatoria do pleno extraordinario que eles mesmos solicitaron, aínda tendo a posibilidade de debater o asunto na sesión ordinaria deste mesmo xoves. Para evitar un sobrecusto a todos os veciños de Foz a celebración de dous plenos o mesmo día implica que só se cobre por un deles”, explica.

Cajoto engadiu que “o Partido Popular pretendeu centrar o debate no suposto conflito de intereses entre a actividade empresarial da ex compañeira de goberno Acela Verónica Peña Castiñeira, que non ostentaba ningunha responsabilidade en Asuntos Sociais, (era a responsable das áreas de Muller, Igualdade e Inmigración) e o propio Concello. De forma capciosa e manipuladora falan de supostos, cando os feitos son que non tendo obrigación ningunha por incompatibilidade, segundo a lexislación, a concelleira dimitiu o pasado mércores día 22, en aras dunha maior transparencia e pola boa imaxe do equipo de goberno. Somos moi críticos coa actitude do Partido Popular e coa manipulación respecto á demisión, cando precisamente dous dos seus colaboradores máis directos abandonaron o barco sen recoller a acta”.

A DENUNCIA DE ALOUMIÑOS, “EN MANS DOS TÉCNICOS”

O alcalde de Foz argumenta que o equipo de goberno “traballa e traballará por ofrecer o maior número de servizos e da maior calidade na residencia e centro de día de Foz. Son os servizos técnicos municipais, e así se aprobou en pleno, quen deben informar dos procedementos a seguir trala denuncia presentada por Aloumiños e é o pleno, e non outro órgano, quen debe aprobar a solución definitiva para garantir unha residencia e centro de día aberta o maior número de horas posible”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...