InicioPolíticaFernández Manín e Paleo non seguirán como edís do PP de Foz

Fernández Manín e Paleo non seguirán como edís do PP de Foz

O actual tenente de alcalde en funcións e número 2 do PP para as pasadas eleccións renuncia a unha acta que tampouco acepta o 7 da lista, polo que Juan Rivas Nécega ocupará o posto

Publicada o

- Advertisement -

O actual tenente de alcalde de Foz e candidato número 2 da lista do Partido Popular (PP) nas pasadas eleccións municipais, Pedro Fernández Manín, presentou a súa renuncia como edil ante a Xunta Electoral Zonal. Outro dos membros do goberno focego na lexislatura que está a piques de rematar, Ánxel Paleo, tamén renunciou á acta.

Fernández Manín anunciará publicamente o vindeiro mércores os motivos da súa renuncia, tralo último pleno da lexislatura. Ao longo dos últimos anos foi a man dereita do rexedor en funcións, Javier Castiñeira, como tenente de alcalde e concelleiro de obras, medio rural e mar.

Pola súa banda, Paleo, número 7 da candidatura popular e ao que lle correspondería suceder a Fernández Manín, renuncia tamén á acta polo “cansazo” dos últimos anos no executivo local. “Foron gobernos en minoría, de moito desgaste e a verdade é que pasa factura”, indica o concelleiro en funcións de cultura, deportes e festexos.

DERROTA ELECTORAL

Tralas demisións de Fernández Manín e de Paleo, será o número 8 da candidatura conservadora, Juan José Rivas Nécega, quen ocupe o sexto posto de concelleiro do PP en Foz. Trátase dun home de partido, que exerce como secretario xeral do comité executivo da formación conservadora a nivel local.

Debido ao aumento do número de edís na corporación de Foz, de trece a 17, o PP gañou nos pasados comicios un concelleiro máis, ata acadar seis, pero veuse superado polo PSdeG-PSOE como o partido máis votado e con maior representación.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...