IniciosociedadeA A-8, cortada de novo no alto do Fiouco por mor da...

A A-8, cortada de novo no alto do Fiouco por mor da néboa

Como é habitual cando se producen estas condicións de visibilidade reducida, a Garda Civil habilitou os correspondentes desvíos alternativos pola N-634

Publicada o

- Advertisement -

Os densos bancos de néboa que dificultan a visibilidade e, polo tanto, comprometen a seguridade dos usuarios obrigaron á Dirección Xeral de Tráfico (DGT) a cortar o tránsito na Autovía do Cantábrico – A-8 – en ambos sentidos da circulación, entre os municipios lucenses de Mondoñedo e Abadín, no Fiouco.

Segundo informou a propia Dirección Xeral de Tráfico, o corte produciuse ás 12.31 horas, concretamente entre os quilómetros 536 e 552, no tramo que se corresponde co Alto do Fiouco.

Como é habitual cando se producen estas condicións de visibilidad reducida, a Garda Civil habilitou os correspondentes desvíos alternativos pola estrada Nacional 634 (N-634).

Á ESPERA DA APLICACIÓN DE PROTOTIPOS

Precisamente, o Ministerio de Fomento acaba de formalizar sete contratos con outras tantas empresas para desenvolver prototipos, cuxa efectividade probarase logo sobre o terreo, para tratar de buscar unha solución aos problemas que orixina a néboa nese punto.

Ademais, a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, solicitou que se repare a N-634 ao seu paso por este municipio, porque opina que nas condicións actuais non ofrece seguridade aos usuarios que son desviados da A8 cando as condicións climáticas así o aconsellan. EFE

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...