O Goberno asina sete contratos para buscar unha solución á néboa no Fiouco

As empresas presentarán prototipos nun tramo da A-8 entre Mondoñedo e A Xesta, co obxectivo de validar o sistema proposto para a súa futura implantación

Néboa no Fiouco. AXM

EFE. O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) formalizou sete contratos de investigación e desenvolvemento, mediante o sistema de Compra Pública Precomercial (CPP) para o “deseño, implementación e experimentación con prototipos de tecnoloxía innovadora” para tratar de buscar unha solución aos problemas que provoca a néboa na A-8, no alto do Fiouco, entre Mondoñedo e Abadín.

Segundo informou o propio Ministerio, eses contratos comprenden a “demostración da viabilidade das solucións propostas”, dentro da primeira fase do proceso de Compra Pública Innovadora.

A través dese sistema de CPP, as empresas que participan neste proceso instalarán os prototipos nun “tramo de proba anexo ao tramo da autovía A-8 entre Mondoñedo e A Xesta“, co obxectivo de “validar” o sistema proposto “de cara á súa futura implantación sobre a estrada para minimizar os efectos adversos producidos no tráfico pola néboa densa”, informa o Ministerio.

A CPP desenvolverase “en competencia” e mediante “fases temporais de carácter eliminatorio“, de modo que se irán seleccionando progresivamente as mellores solucións de face a resolver a problemática existente”.

IMPORTE MÁXIMO DE 6,97 MILLÓNS DE EUROS

Así, na fase 1, as empresas terán que demostrar a viabilidade das solucións propostas, con estudos e demostracións, para pasar posteriormente á fase 2, que inclúe a construción e experimentación en campo a escala real cos catro prototipos seleccionados na primeira.

O importe máximo dos contratos de servizo adxudicados ascende a 6,94 millóns de euros e a CPP está cofinanciada nun 80% con fondos europeos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here