InicioCulturaMaruxaina, Mercado Medieval e San Lourenzo lideran a axenda de ocio

Maruxaina, Mercado Medieval e San Lourenzo lideran a axenda de ocio

A fin de semana tamén ofrece concertos, regatas de vela, feiras de antigüidades e do libro ou xornadas de historia local

Publicada o

- Advertisement -

Resumimos a programación cultural e de ocio na Mariña e Occidente de Asturias para esta fin de semana. 

BARREIROS

Continúa a programación de Eido Dourado e Camping Gaivota. No campamento actuarán este venres Otus Scops, desde as 23.00 horas e con queimada. O domingo, Nastasia Zürcher ofrecerá un concerto no espazo artístico, desde as 22.30 horas.

BURELA

Do venres ao domingo, o pavillón Monte Castelo de Burela acollerá a terceira edición da Feira de Antigüidades, con 19 stands.

CERVO

San Cibrao xulgará o sábado á ninfa Maruxaina nunha celebración que ofrece un plan completo de festa: vermú con música, xantares na praia, xogos populares, fogos de artificio, verbena e degustación de queimada. E por suposto, a escenificación do xuízo, que lembrará o pasado mariñeiro da vila e na que uns veciños defenderán á serea e outros avogarán por castigala.

FOZ

Foz segue a celebrar as festas patronais do San Lourenzo. Este venres é o día grande, con sesión vermú, verbena e os espectaculares fogos artificiais, desde a medianoite no paseo de Laredo e praia da Rapadoira. O sábado haberá fútbol –Deportivo-Oviedo– e baile pola noite, e o domingo desputarase a carreira Run Foz Run. Podes consultar o programa aquí.

Os fogos artificiais son un dos eventos máis agardados do San Lourenzo. YOUTUBE

MONDOÑEDO

O Mercado Medieval de Mondoñedo arrinca na noite do venres -22.00 horas, seminario- cunha estrea, a da peza de teatro musical ‘O Amor de Afonso Reimúndez‘, que representará a vida do monarca do século XII. Ademais, haberá máis de 70 actividades e 150 postos de gastronomía e artesanía.

OUROL

Continúan as primeiras Xornadas de Historia local que organiza o Concello. Este venres falarase de emigración desde as 18.00 horas, no edificio multiusos municipal. Intervirán Martín Fernández Vizoso e José María Riguera Montero. Amplía información neste enlace.

Ademais, o núcleo celebra as súas festas patronais nesta fin de semana. Nesta imaxe podes coñecer o programa.

Programa festas de Ourol.

 

RIBADEO

As agrupacións locais Calabash (percusión) e Gramola (corda) reaparecen este venres nun concerto conxunto, no cine teatro desde as 20.30.

Os amantes da vela poden desfrutar das regatas da Semana Náutica do Real Club Náutico de Ribadeo, que durarán toda a fin de semana. O sábado haberá doble sesión, con quenda de mañá -desde as 11.00 horas- e de tarde -desde as 17.00-.

Regata da Semana Náutica de Ribadeo. RCNR

VEGADEO

As festas de Vegadeo, na honra da Asunción e San Roque, comezan este venres coa Noite Celta e rematarán o 19, coa xira. Olympus e Abanico (día 14, cos fogos artificiais), La Fórmula e Atenas (15) e Capitol e Assia (16) encargaranse das verbenas.

VIVEIRO

Comezan as festas patronais de San Roque, coas primeiras actividades: o pasarrúas de xigantes e cabezudos -venres, sábado e domingo, desde as 12.00- a Carreira Popular Adrián Ben -23.00 horas, venres- ou os concertos pola noite no anfiteatro ao aire libre da Praza Maior: The Sibaritas (venres), Gin Toni’s (sábado) e Berta Franklin (domingo).

O sábado arrinca a feira do libro viveirense, con oito postos, zona infantil e máis de vinte actividades programadas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...