InicioEconomíaO comité de Alcoa espera sumar obreiros doutras electrointensivas galegas en Lugo

O comité de Alcoa espera sumar obreiros doutras electrointensivas galegas en Lugo

Presentadas as alegacións ao estatuto, cuxa resolución se prevé para principios do mes de marzo, comité continuará coas protestas e levará a campaña de lazos azuis a Burela

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O comité de Alcoa espera reunir traballadores de electrointensivas de toda Galicia na manifestación programada para o día 26 de febreiro en Lugo, que partirá da estación de autobuses e rematará fronte á Deputación de Lugo. Os sindicatos continúan a preparar a protesta para reclamar unha solución para a planta de aluminio do complexo industrial de San Cibraoque a multinacional ameaza con pechar se o Goberno non ofrece un abaratamento da enerxía eléctrica que sitúe os custos da luz cerca das cifras que manexan outros países europeos da contorna.

Ademais, os obreiros continuarán a semana que vén en Burela, nun día por concretar, a súa campaña con lazos de cor azul eléctrico para visibilizar a situación da factoría posta en cuestión por Alcoa. Tras colocar estes símbolos en Xove, San Cibrao (Cervo) e Viveiro, o seguinte municipio en cercanía á planta acollerá o acto reivindicato.

“Todos os comercios están colaborando. A resposta é unánime e estamos inundando de lazos azuis a comarca. A campaña está tendo moi boa aceptación por parte da cidadanía, porque a xente é consciente de que o está en xogo”, dixo o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan (CC OO). “A colaboración está sendo unánime”, expuxo.

Presentadas as alegacións ao estatuto das electrointensivas, considerado insuficiente tanto polos sindicatos como pola empresa, e ao que alegaron tamén os Gobernos de Galicia, Asturias e Cantabria, o comité estará pendente da resolución das alegacións. En principio, non hai un prazo fixado para atender as solicitudes, pero agárdase que a principios de marzo o Executivo central poida amosar de novo o documento reformado.

A XUNTA SEGUE A PRESIONAR AO GOBERNO

Pola súa banda, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, esixiu ao Goberno central unha “resposta inmediata” ás peticións de reforma do borrador do estatuto elaborado para rebaixar o prezo da enerxía e evitar así “condenar ao peche” as plantas de empresas como Alcoa e Alu Ibérica.

“Non parece razoable que España renuncie á produción de aluminio primario cando outros países están establecendo medidas para garantir productividade e os empregos”, expón Conde.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...