IniciosociedadeFarmacias galegas piden calma tras esgotar máscaras ante a "alarma social" polo...

Farmacias galegas piden calma tras esgotar máscaras ante a “alarma social” polo coronavirus

Resaltan que os principais prexudicados pola falta de existencias son os pacientes oncolóxicos

Publicada o

- Advertisement -

O coronavirus segue a propagarse polo mundo e cabo del, a alarma social. As farmacias xa non son quen de satisfacer a demanda de máscaras e líquido hixienizante, pero os profesionais coinciden: tal nerviosismo non ten xustificación. Os principais afectados, pacientes que realmente os necesitan por tratamentos oncolóxicos.

En moitos centros farmacéuticos quedaron sen existencias ao longo desta semana, coincidindo cos primeiros casos positivos rexistrados no Estado, en lugares como Madrid, Sevilla ou Tenerife. En Asturias, unha moza de Avilés ingresada no HUCA deu negativo. Dende a Organización Mundial da Saúde (OMS) repiten estes días que o emprego das máscaras só é útil para as persoas contaxiadas.

Podes ler a información completa nesta ligazón do Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...