InicioPolíticaCastiñeira sucede a Candia como voceiro do PP na Deputación e entra...

Castiñeira sucede a Candia como voceiro do PP na Deputación e entra o barreirense Gómez Puente

O edil de Barreiros, tenente alcalde no anterior mandato, substituirá á xa ex alcaldesa de Mondoñedo, que cedeu o bastón de mando a Manuel Otero

Publicada o

- Advertisement -

O grupo provincial do Partido Popular (PP) nomou por unanimidade voceiro na Deputación a o focego Javier Castiñeira. Así o acordaron todos os deputados, segundo anunciou a formación conservadora a través dun comunicado, logo de que Elena Candia efectuase a súa renuncia no pleno extraordinario celebrado a última hora da mañá deste luns.

Tamén ao longo da mañá, Candia formulou a súa renuncia á alcaldía de Mondoñedo, cargo que ostentará Manuel Otero, despois de que se celebrase no consistorio mindoniense outra sesión plenaria de carácter urxente. A xa ex rexedora continuará como edil e tenente de alcalde.

Deste xeito, Castiñeira asumirá na Deputación as funcións que ata o de agora desempeñaba a mindoniense, e ás que vén de renunciar para encabezar a lista dos populares da provincia ás eleccións autonómicas do vindeiro 5 de abril.

Javier Castiñeira, natural de Foz, é arquitecto técnico de profesión. Dende o ano 2011 ata o 2019 foi alcalde da súa localidade natal, ata que nos pasados comicios o PP foi superado polo PSdeG-PSOE, que goberna en coalición co BNG. Na actualidade, é voceiro deste grupo no municipio mariñao e, ata o de agora, vicevoceiro na Deputación.

O novo voceiro agradece a confianza de todos os compañeiros de grupo, e moi especialmente a de Candia, a quen lle desexa os  maiores dos éxitos posibles, confiando en seguir, di, “o camiño trazado” pola mindoniense porque “era a deputada que, sen lugar a dúbidas, mellor coñecía a provincia e a propia institución”.

“ORDE NATURAL”

Co nomeamento de Castiñeira, os deputados “acordaron seguir así a orde natural da portavocía marcada ao inicio da lexislatura. Isto implica que Agustín Baamonde será o vicevoceiro primeiro, José Antonio García o segundo e, José Pardo Lombao, o vicevoceiro terceiro”, sinalan desde o PP.

Gómez Puente, á dereita na fila de abaixo, con integrantes da candidatura do PP barreirense ás municipais. AXM

Coa renuncia de Elena Candia, entra como deputado o concelleiro de Barreiros, José Manuel Gómez Puente.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...