InicioM.ambiente e PatrimonioInician o proceso para rehabilitar dous edificios en mal estado do casco...

Inician o proceso para rehabilitar dous edificios en mal estado do casco histórico de Mondoñedo

Trátase de dous inmobles da rúa Bispo Sarmiento, un dos cales foi inscrito no rexistro de solares despois de que o Concello multase dúas veces a un banco por non consolidalo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo anunciou a través dun comunicado de prensa que o propietario dos edificios dos números 13 e 15 da rúa Bispo Sarmiento de Mondoñedo, en estado de abandono, iniciou o proceso para a rehabilitación dos edificios.

Segundo expuxo o goberno local, que en xaneiro do ano pasado inscribiu o inmoble número 13 no rexistro de solares e quitouno a subasta tras multar en dúas ocasións á entidade bancaria propietaria por non acometer tarefas de rehabilitación, técnicos de turismo visitaron Mondoñedo para asesorar ao novo propietario dos mencionados edificios.

O goberno municipal de Mondoñedo destaca que a posta en marcha desta iniciativa é “positiva desde distintos puntos de vista. Un deles, porque os inmobles en mal estado, como é o caso destes, son un perigo potencial para a seguridade das persoas. É importante igualmente porque os edificios moi deteriorados afean a paisaxe urbana e non axudan para nada, antes ao contrario, a potenciar a imaxe da cidade”, expoñen desde o executivo, que considera que a reforma “é unha demostración máis de que investir no municipio é interesante”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...