InicioEconomíaCatro autobuses partirán de Alcoa San Cibrao para a concentración da Coruña...

Catro autobuses partirán de Alcoa San Cibrao para a concentración da Coruña polas electrointensivas

O comité segue "sen resposta" do Goberno ás alegacións presentadas ao estatuto

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa da factoría que a multinacional Alcoa ten na Mariña Lucense, José Antonio Zan, confirmou que catro autobuses partirán este mércores da fábrica, con traballadores da propia planta, para a manifestación que terá lugar na Coruña, ante a Delegación do Goberno en Galicia, en defensa da “industria electrointensiva do norte de España“.

Zan precisou que aos traballadores que viaxarán neses catro autobuses sumaranse outros que se desprazarán ata A Coruña polos seus propios medios e tamén veciños da Mariña que irán noutro autocar fletado polos concellos de Xove e Cervo.

“Seguimos loitando pola salvación de Alcoa”, precisou a EFE, e seguimos “reclamando un marco enerxético competitivo e estable”, que permita ás industrias electrointensivas garantir a súa actividade e os postos de traballo.

Recoñeceu que, a día de hoxe, o comité de empresa non recibiu “ningún tipo de resposta por parte do Goberno” ás alegacións que presentou “ao estatuto do consumidor electrointensivo“.

“Seguen veña e dálle, pero se non aceptan as alegacións, é mellor que non cheguen a sacar o estatuto”, dixo Zan, porque nas condicións actuais “podería ata agravar” a situación de empresas como Alcoa. A multinacional ameazou con pechar a planta de aluminio primario de San Cibrao se o Goberno central non ofrece un abaratamento da enerxía eléctrica para as grandes consumidoras.

CRÍTICAS DO PP DE BURELA AOS SOCIALISTAS

O PP de Burela aseguran que “(o rexedor, o socialista Alfredo) Llano non atendeu a solicitude presentada polo Partido Popular burelao”, hai xa seis meses, “para facer unha declaración institucional conxunta, co resto de grupos da corporación, a prol dos traballadores de Alcoa San Cibrao”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...