Iniciosociedade609.845.124: o número de Viveiro para os maiores sen apoio social e...

609.845.124: o número de Viveiro para os maiores sen apoio social e familiar

Os servizos sociais do Concello valorarán o servizo a domicilio de alimentos e produtos farmacéuticos

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro habilitou un número de teléfono para as persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade ou desamparo e non conten con apoio familiar ou social, dentro das medidas extraordinarias tomadas pola crise do coronavirus.

O goberno local considera que é necesario “habilitar un número diferenciado” para un “colectivo específico” que nesta situación de confinamento decretada polo estado de alarma “pode verse especialmente afectado como é o caso da persoas maiores que non contan con apoio familiar ou social, e poidan atoparse en situación de vulnerabilidade ou desamparo”. O numero é o 609.845.124.

Segundo expón o executivo municipal, porase en contacto a estas persoas cos servizos sociais, “que valorarán cada situación de forma individual para adoptar as medidas que en cada caso corresponda. Trátase de que estas persoas conten coa atención necesaria e se lles poida proporcionar, de ser preciso, segundo a correspondente valoración técnica, o servizo a domicilio de produtos de primeira necesidade: farmacéuticos e alimenticios“, indicou o goberno local a través dun comunicado de prensa.

XESTIONADO CONXUNTAMENTE CON CÁRITAS

O protocolo establecido para xestionar este servizo comeza coa chamada do usuario ao teléfono establecido, no que un empregado municipal se encargaría de tomar nota da situación e dos datos facilitados. Posteriormente dende servizos sociais realizarase un estudo e valoración da situación para, de ser o caso, xestionar conxuntamente con Cáritas este servizo. Finalmente a entrega a domicilio realizarase coa colaboración da Policía Nacional, que ofreceu a súa dispoñibilidade a estes efectos.

O Concello lembra que este número é só para este colectivo en concreto e que hai outro disponible para caso de urxencias ou necesidades inaprazables da cidadanía en xeral (982.57.09.09).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...