InicioPolíticaO BNG de Burela pide unha xunta de voceiros para informar sobre...

O BNG de Burela pide unha xunta de voceiros para informar sobre o pavillón

Os nacionalistas queren que o alcalde explique "as xestións realizadas" para a construción do novo recinto deportivo

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Burela rexistrou este martes no concello unha solicitude para que o alcalde, Alfredo Llano, convoque unha xunta de voceiros na que explique os trámites e as xestións feitas polo goberno local en relación á construcción dun novo pavillón.

O voceiro do grupo municipal do BNG, Mario Pillado, lembra que hai “compromisos acadados en sesións plenarias” para a construción dun novo recinto deportivo a partir de iniciativas dos nacionalistas tanto a nivel municipal como provincial.

Pillado lamenta o que considera unha “falta de respeto” do goberno local, xa que “tivemos que solicitar unha copia da memoria” presentada á Xunta de Galicia, “que debería ser posta en coñecemento dos grupos municipais e da que só tivemos constancia pola prensa”.

O documento, segundo os nacionalistas, “é insuficiente” e solicita a Llano que explique a xuntanza que mantivo coa secretaria xeral para o Deporte. Pillado recorda que o rexedor “comprometeuse á redacción dun proxecto e á obtención dos terreos, sobre os que de momento só temos fotos e propaganda”. Segundo o acordo plenario do pasado mes de xuño, o prazo de consecución destes proxectos é de catro meses.

“LEAS ESTÉRILES”

Por iso, o BNG burelés cre que “é unha boa oportunidade” para que o equipo de goberno “clarexe que pasos se deron e cal é a planificación, se existe, para conseguir un novo pavillón para Burela”. Os nacionalistas tamén emprazaron a PP e PSOE a que “se deixen de leas estériles” e “traballen polo interese da veciñanza”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...