O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, respondeu este venres ás críticas recibidas polos concellos galegos trala proposta dao Goberno autonómico de aplicar cita previa nas praias para controlar os aforos a partir dunha aplicación que xa funciona nas Catedrais.
Feijóo sostivo que o 99% das praias non necesitarán este sistema porque hai 1.200 quilometros de costa “e non se necesitará limitación de aforo. Só algúns areais urbanos e nese caso serán os municipios os que o teñan que regulalo a través de policías locais, outros parcelando, outros a través de internet ou de avisos nas páxinas web municipais”, engadiu.
“Desde logo os galegos deben saber que non imos ter problemas por aforos en praias. Se alguén quere crear un problema a Xunta non forma parte dese problema”, apuntou. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.