InicioEconomíaO comité anuncia mobilizacións para paralizar despedimentos e esixir a intervención: "aluminio...

O comité anuncia mobilizacións para paralizar despedimentos e esixir a intervención: “aluminio é viable”

Os sindicatos piden ao Goberno, co que se reunirá o 3 de xuño, "valentía" para intervir a planta

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Alcoa anunciou que mañá venres manterá unha xuntanza para acordar “as medidas a tomar, tales como un calendario de mobilizacións e a intensidade das mesmas”, ante a proposta da multinacional dun despedimento colectivo que suporía ata 534 despedimentos na planta de aluminio do complexo industrial de San Cibrao. Tamén se celebrará unha asemblea.

“Non aceptamos a proposta de Alcoa España, xa que é oposta e contraria á mesa multilateral creada en xaneiro”, aseguran os sindicatos, que manteñen que a “solución” para a fábrica de aluminio “é a intervención inmediata para dar viabilidade a un sector indispensable para a transición ecolóxica e enerxética. Tamén esiximos valentía do Goberno e que lembre que foi a primeira empresa en nomearse esencial o pasado 30 de marzo”, remarcan.

O comité, segundo expón no comunicado, solicitou á multinacional “que destistira da súa intención” ou que alomenos “agardase ao 3 de xuño, día no que os sindicatos teñen unha reunión co Ministerio de Industria“.

“É FUNDAMENTAL NON PERDER CLIENTES”

“É fundamental non perder os clientes e evitar que Alcoa lles sirva desde outras plantas”, argumentan os sindicatos. “Seguimos insistindo na necesidade dun marco estable e competitivo do prezo enerxético da luz, que ten que estar ligado a investimentos produtivos por parte das empresas que se acollan a este marco regulatorio”.

“SÓ O PREZO DA ENERXÍA NOS SEPARA DE EUROPA”

Pola súa banda, a CIG asegurou a través dun comunicado que a fábrica de aluminio “é viable“, e pediu “a intervención urxente” dos Gobernos español e galego na defensa dunha industria “esencial” como a do aluminio.

A CIG sostén que “Alcoa di que o valor do London Metal Exchange (LME) -que marca a cotización do aluminio- sumado ao alto prezo da enerxía eléctrica a fan insostible”. O sindicato nacionalista “nin acepta a súa proposta nin os seus datos, pois sabemos que a planta de San Cibrao é perfectamente viable”.

“A propia Alcoa admite que somos tan eficientes como as fábricas do Norte de Europa e o noso custo salarial é moito menor, sendo o prezo do aluminio o mesmo para eles que para nós. Só hai unha resposta á pregunta de por que esas electrolises seguen tendo o futuro que se nos nega: o prezo da enerxía”.

Deste xeito, a CIG avoga por centrar as mobilizacións “en obrigar a Alcoa a non iniciar proceso ningún que signifique a perda de postos de traballo” e “esixir ao Goberno que interveña de urxencia retornando a fábrica ao ámbito público e garantindo unha enerxía estable e competitiva”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...