InicioEconomíaO Goberno segue sen comprometer prazos para o estatuto das electrointensivas

O Goberno segue sen comprometer prazos para o estatuto das electrointensivas

O Executivo central asegura que espera retomar "o máis axiña posible" o documento, cuxa tramitación "interrompeu" o coronavirus

Publicada o

- Advertisement -

O Goberno central espera recuperar a tramitación do estatuto das electrointensivas “o máis axiña posible”, unha vez a evolución da pandemia permita destinar os recursos e a capacidade necesaria, sobre todo para solucionar os despedimentos anunciados esta semana por Alcoa en Galicia.

Así o avanzou a ministra portavoz e de Facenda, María Jesús Montero, trala reunión do Consello de Ministros extraordinario deste venres, no que admitiu que ao Executivo “gustaríalle contar xa” co estatuto aprobado.

Con todo, pese a que a norma xa estaba “moi avanzada”, a chegada do Covid-19 ao país interrompeu a seu tramitación o pasado mes de marzo, aínda que sinalou que o sector xa coñece as premisas sobre as que se está traballando.

Alcoa abriu o xoves un período informal de consultas para o despedimento colectivo dun máximo de 534 empregados da súa planta de aluminio primario de San Cibrao, no municipio de Cervo (Lugo), xustificándoo na súa produción “ineficiente” e situación “insostible”.

Montero manifestou que se trata dunha decisión da empresa que se suma a axustes que xa viña realizando nos últimos anos –en 2018 anunciou o peche das súas plantas na Coruña e Avilés (Asturias)-, polo que lle pediu que reconsidere esta decisión, en liña coa petición trasladada por parte da ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.

De feito, a ministra portavoz defendeu que o Goberno esta traballando “de forma moi intensa” para axudar a este tipo de industria, que considera “moi importante” para o país, a través, non só de axudas ao CO2, senón tamén co chamado Plan Reindus e co propio estatuto electrointensivo.

MAROTO SOSTÉN QUE ALCOA DEBERÁ DEVOLVER “38 MILLÓNS” SE EXECUTA DESPEDIMENTOS

Montero engadiu que o Goberno está “en permanente contacto” co sector industrial, non só trala decisión anunciada agora pola multinacional estadounidense productora de aluminio, senón de forma previa e coa situación individual de cada unha das empresas que se viron con problemas.

Por outra banda, Maroto sinalou que nos últimos dous anos houbo un investimento de 38 millóns de euros en Alcoa San Cibrao “coa condición de manter o emprego“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...