InicioEconomíaO comité ve "mala fe" en Alcoa e avanza que aumentará a...

O comité ve “mala fe” en Alcoa e avanza que aumentará a presión sobre Administracións e multinacional

Os sindicatos esixen á compañía a retirada dun ERE "xa decidido" antes do período informal de consultas e anunciado sen esperar á mesa multilateral, convocada para o 23 de xuño

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O comité de empresa do complexo industrial de Alcoa en San Cibrao lamentou a actitude da dirección multinacional e a súa “falta de vontade” á hora de buscar “solucións” que garantan a viabilidade da produción de aluminio primario na planta e, en consecuencia, do mantemento dos postos de traballo.

Alcoa anunciou este mércores que iniciará o 25 de xuño un proceso formal de despedimento colectivo na planta de aluminio, que afectaría a ata 534 obreiros directos afectados e a alomenos outros 400 operarios de empresas auxiliares.

Nun breve comunicado, emitido trala reunión que tivo lugar esta mañá coa dirección de Alcoa na cidade de Lugo, o comité asegura que a multinacional abriu “un proceso informal” de consultas cos representantes do persoal “coa decisión xa tomada sobre o futuro dos traballadores”.

“A maior proba é que non esperaron” á reunión da “mesa multilateral convocada para o 23 de xuño” e “anunciaron oficialmente o inicio do proceso de ERE”, engadiu.

De feito, o comité tamén lamentou as formas da propia dirección de Alcoa, que anunciou esa decisión aos traballadores mediante unha mensaxe a todo o persoal, antes de que rematase a reunión cos seus representantes e “sen ter nin sequera asinado o recibo o comité “.

A pesar desta situación, o comité insiste en que “a única saída é a implicación das Administracións e a loita na rúa”.

AS CONVERSAS INFORMAIS, “UN PARIPÉ”

En declaracións aos medios, o presidente do comité, José Antonio Zan, tachou de “vergoñenta” a “mala fe clarísima” da empresa. “Está claro que o que fixeron é un paripé directamente durante este tempo de negociación, porque nos trouxeron a unha mesa cando xa sabían o que querían facer, con que prazos e que día querían anuncialo”, lamenta.

A SOLUCIÓN DEBE ESTAR “DENTRO DA MESA MULTILATERAL”

O comité esixe á compañía que retire o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) anunciado e acuda á mesa multilateral para que as administracións acheguen “solucións”, no canto de que Alcoa recorra “si ou si” a un despedimento colectivo de forma “unilateral” e “feitos consumados”.

MOBILIZACIÓNS

O obxectivo do comité nas vindeiras semanas é “conseguir que nesa mesa do día 23, o Goberno central, a Xunta de Galicia e Alcoa se vexan tan apertados polas nosas mobilizacións que nos teñan que dar unha solución”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...