IniciosociedadeFomento iluminará a Ponte dos Santos tras seis anos a escuras

Fomento iluminará a Ponte dos Santos tras seis anos a escuras

O Executivo central atenderá a petición do goberno local ribadense e dotará a infraestrutura dun servizo que beneficiará a peóns, ciclistas e peregrinos

Publicada o

- Advertisement -

Ministerio de Fomento anunciou que dotará de iluminación á Ponte dos Santos. O executivo central atenderá así unha solicitude do goberno local de Ribadeo e solventará unha deficiencia que Galicia e Asturias arrastraban desde hai seis anos.

UNE GALICIA E ASTURIAS

Inaugurada no 1987, a infraestrutura -que afecta tamén ao municipio de Castropol– presenta problemas para o paso dos peóns e ciclistas desde o 2008, ano no que pasou a soportar a autovía A-8.

Á insuficiencia das beiravías, duns 80 centímetros de ancho, sumouse a finais de 2011 a ausencia de iluminación, cando o goberno castropolense deixou de pagar un gasto que, entendía, corresponde ao Estado como titular da infraestrutura.

o viaduto quedou sen luz no 2011, ao negarse o goberno de castropol a asumir un gasto que correspondía ao estado

PASO DO CAMIÑO NORTE

Os plenos das corporacións de Ribadeo e Castropol acordaron solicitar ao Goberno central que dotase á ponte deste servizo. O goberno ribadense insistiu nesta cuestión ao entender que se trataba dunha obra “de baixo custe” e que “ofrecería seguridade a peóns, ciclistas e peregrinos“, xa que é un lugar de paso do Camiño norte cara Santiago de Compostela.

Co cambio de Executivo en Madrid, o alcalde ribadense, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, tentouno de novo e desta volta a súa petición foi atendida. O rexedor valora que “aínda que non sexamos da mesma cor política”, Ministerio e goberno local “podemos falar e acordar cousas boas para a cidadanía, que é para o que nos votan”.

o pasado 3 de xullo, o alcalde ribadense solicitou ao goberno socialista que solventase esta deficiencia

CRÍTICAS AO ANTERIOR GOBERNO

O rexedor resaltou que este acordo “demostra cando hai intención de facer as cousas ben” e criticou a postura do anterior Executivo, liderado por Mariano Rajoy. “O Goberno do Estado que nos negaba esta obra ou nos contestaba dicindo que non era o seu problema, do PP, actuaba con inquina e mala fe“, concluíu.

O PP: “ESTABA NOS ORZAMENTOS”

Os deputados do PP no Congreso Jaime de Olano e Daniel Vega aseguraron que “esta mellora estaba recollida nos orzamentos do Goberno do Estado elaborados polo Partido Popular e aprobados co voto en contra do PSOE“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...