InicioPolíticaO PP mantén por agora os seus actos electorais na Mariña

O PP mantén por agora os seus actos electorais na Mariña

O partido conservador na zona recibiu unha única indicación, a de ser "especialmente respectuoso" coas recomendacións sanitarias

Publicada o

EFE. O presidente da Xunta de Galicia e candidato á reelección polo PP, Alberto Núñez Feijóo, non tiña actos de campaña previstos na Mariña Lucense, comarca que sofre un brote da pandemia con 85 infectados, e o partido na zona recibiu unha única indicación, a de ser “especialmente respectuoso” coa normativa sanitaria, comunicaron a Efe fontes dos populares.

MAREA GALEGUISTA PIDE O APRAZAMENTO DOS COMICIOS SE NON SE “GARANTE” O DEREITO AO VOTO

A Consellería de Sanidade informou este sábado de que outros 26 positivos elevan a 85 os casos activos de coronavirus detectados polo Saúde Pública do Servizo Galego de Saúde (Sergas). O número de casos documentados oficialmente aumentou nun 59% nos últimos tres días. Partidos como o PSdeG, BNG e Galicia En Común-Anova Mareas anunciaron que suspenderán os actos na bisbarra. Os tres partidos criticaron a decisión de convocar os comicios para o 12 de xullo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...