IniciosociedadeLlano agarda que a Xunta flexibilice desde o xoves as restriccións de...

Llano agarda que a Xunta flexibilice desde o xoves as restriccións de aforamento tras estabilizarse o brote

O comercio do distrito sanitario da Mariña mantense cunha ocupación máxima do 50% e os negocios de hostalería teñen que pechar antes da 1.00

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, amosou este luns o seu desexo de que a partir do vindeiro xoves se poidan ampliar os aforamentos nos comercios e hostalería do municipio e da Mariña, que se manteñen ao 50% polo brote de coronavirus, que se mantén estable en 51 positivos segundo os datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

O rexedor confirmou que o mércores, ás 11.30 horas, os alcaldes dos municipios dos distritos sanitarios da Mariña –O VicedoOurolViveiroXoveCervo, Burela, FozAlfozO ValadouroBarreirosMondoñedoLourenzá, Trabada e Ribadeo– manterán unha reunión por videoconferencia co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña.

Despois de que o pasado 5 de xullo a Xunta de Galicia decidise pechar os 14 municipios pola evolución do brote, decisión que levantou paulatinamente –primeiro illou Burela e restrinxiu a mobilidade noutros seis concellos mentres que liberou ao resto, finalmente eliminou a prohibición de entrada e saída no concello burelao-, a eliminación das restricións ao movemento das persoas non se correspondeu cunha liberación dos límites de aforamento, que seguen na metade da capacidade de ocupación como máximo, e coa prohibición de consumir en barra nos establecementos da hostalería.

“Esperemos que se volvan recuperar aforamentos e horarios, tamén abrir parques e prazas, para recuperar unha certa normalidade, porque vemos que fai falta”, argumentou o rexedor burelao.

No tocante aos horarios dos establecementos hostaleiros, a normativa vixente na Mariña permite a apertura ata as 1.00 horas, aínda que desde as 0.30 non se poden servir consumicións.

En Galicia, bares, hoteis e establecementos turísticos están ao 75%, e as terrazas ao 80%.

23 POSITIVOS NA VILA, O 45% DO TOTAL

No tocante ao número de casos, hai 23 activos en Burela, “que será en breve un menos pois darase hoxe unha alta”. Cando chegou a ter máis do 75% dos casos do brote, os positivos en Burela representan a día de hoxe, segundo os datos oficiais, pouco máis do 45% do total.

No tocante ao número de confinados, das 337 persoas que pasan corentena preventiva na Mariña “entre 160 e 170” son do municipio burelao.

“Vai lento pero estase traballando ben e iso dá confianza a que en breve cheguemos a un número de menor preocupación”, xulgou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...