InicioEconomíaA UXT traballa nunha querela contra a dirección de Sargadelos

A UXT traballa nunha querela contra a dirección de Sargadelos

O sindicato cre que houbo feitos constitutivos de delito e prepárase para persoarse por vía penal

Publicada o

- Advertisement -

A Unión Xeral de Traballadores (UXT) traballa na presentación dunha querela contra a dirección de Sargadelos polos feitos acontecidos durante o conflito laboral que estalou o pasado 17 de agosto, cando o conselleiro delegado do grupo empresarial, Segismundo García, anunciou o despedimento de 49 obreiras da fábrica de Cervo se non cesaba “a presión sindical” que exercía, segundo o máximo administrador, a delegada da UXT sobre a empresa.

Tralo cesamento de 23 traballadoras, das cales a empresa readmitiu a seis nas dúas últimas semanas, e despois da revocación da representante da UXT sinalada pola firma na asemblea de traballadoras celebrada o pasado 14 de setembro, o sindicato prepárase para persoarse pola vía penal, ao entender que se produciron feitos constitutivos de delito.

IMPUGNACIÓN DA ASEMBLEA

Segundo as fontes consultadas, a redacción do documento está avanzada, aínda que non hai por agora prazos para a súa presentación. Si se espera que este venres, ou nos primeiros días da semana que vén, a UXT impugne a asamblea de traballadoras que destituíu á súa afiliada, Rogelia Mariña.

O sindicato considera que hai razóns para invalidar a reunión e o seu resultado, entre elas que non se lle permitise o paso á mesma a representantes sindicais.

MEDIACIÓN

Este venres, catro das persoas despedidas pola dirección de Sargadelos e os servizos xurídicos da empresa están citados ante o Servicio de Mediación, Arbitraje y Conciliación (SMAC), ás 12.00 horas.

As obreiras convocadas para o acto de conciliación son traballadoras veteranas, ás que a dirección non quere readmitir. Non semella factible que se chegue a un acordo, pois a parte demandante considera que hai causas suficientes para declarar os despedimentos como nulos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...