Unha muller de 83 anos con coronavirus ingresada no Hospital Público da Mariña faleceu na madrugada deste domingo. Segundo concretou o Servizo Galego de Saúde (Sergas) a través dun comunicado de prensa, a falecida tiña múltiples patoloxias previas. Permanecía ingresada desde o pasado 23 de xullo; trátase “da última persoa diagnosticada dentro do brote” da comarca.
Segundo o Sergas, roducíronse tres altas epidemiolóxicas e un positivo novo entre as 79 PCR realizadas no día de onte. Con todo, a Consellería de Sanidade contabiliza 26 casos activos de coronavirus, un menos ca onte e non dous, sen aclarar a que se debe este desfase numérico.
Con respecto aos confinados, un total de 345 persoas permanecen en seguimento domiciliario, dúas máis ca onte.
No tocante ás residencias, documentouse semanas atrás un positivo dunha traballadora do xeriátrico de Xove, no que despois de realizarse PCR a todos os usuarios e empregados non se localizaron máis casos.