IniciosociedadeA provincia suma 85 casos máis nun día, con dous maiores falecidos...

A provincia suma 85 casos máis nun día, con dous maiores falecidos na residencia do Incio

No xeriátrico inciao hai 57 usuarios e oito traballadores infectados, segundo o reconto oficial; a área lucense acumula 254 positivos

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 255, 85 máis ca onte, segundo o reconto oficial ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Na área sanitaria lucense rexistráronse dúas novas mortes de pacientes con Covid-19. Faleceron dous varóns, de 93 e 77 anos, ambos con patoloxías previas, os dous no xeriátrico do Inicio, onde se localizan 57 maiores e oito traballadores infectados. Un deles fora trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Dos 255 contaxiados, un permanece na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) do HULA e outros catro en hospitalización. Un total de 250 pacientes son atendidos en domicilio.

No histórico da provincia documéntanse 31 falecementos, seis deles na Mariña, ademais da morte dunha sétima persoa na Uci do Hospital da Costa, que ingresara por Covid-19 e que pereceu malia superar a enfermidade durante o seu período na unidade de críticos. Déronse 1.273 altas e o total de casos acumulados ascende a 1.558.

GALICIA ROZA OS 2.000 CASOS

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou de que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.995, deles 1.114 son da área da Coruña, 254 da de Lugo, 179 da de Ourense, 85 da de Pontevedra, 144 da área de Vigo, 130 da de Santiago, e 89 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 6 están en Uci, 67 en unidades de hospitalización e 1.922 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.737 persoas curadas, rexistrándose 628 falecementos. O número de PCR realizadas é de 294.691.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...