HISTÓRICO
No histórico da provincia documéntanse 82 falecementos.
Seis das vítimas mortais do virus na área lucense desde o inicio da pandemia eran da Mariña, sete se se ten en conta que un varón faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Déronse 2.178 altas e 2.949 falecementos.
RESIDENCIAS
No tocante ás residencias, na Mariña hai un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de Xove. Non houbo máis positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios. Os contaxios localizados na provincia son os seguintes:
MAIORES
1 Residencia Castro Ribeiras do Lea
58 Residencia O Incio (O Incio)
133 Residencia DomusVi Lugo
TRABALLADORES
1 Residencia A Milagrosa (Lugo)
35 Residencia O Incio (O Incio)
24 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)
1 Residencia de atención a persoas con dano cerebral (Castro de Rei)
716 MORTOS EN GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.304 deles 1.148 son da área da Coruña, 689 da de Lugo, 541 da de Ourense, 667 da de Pontevedra, 457 da área de Vigo, 625 da de Santiago, e 177 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 211 en unidades de hospitalización e 4.061 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 16.995 persoas curadas, rexistrándose 718 falecementos. A última persoa falecida en centros hospitalarios foi unha muller de 87 anos que faleceu no Complexo Hospitalario de Ourense e presentaba patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 431.081.
INCORPORACIÓNS COMO FIXOS DE ENFERMEIROS (35), ADMINISTRATIVOS (13) E CELADORES (1) NA MARIÑA
Dos 119 traballadores da categoría de enfermeiro que obtiveron a condición de fixeza no concurso-oposición do Sergas, 70 incorporaranse ao distrito sanitario de Lugo, 35 ao distrito sanitario de A Mariña e 14 ao distrito sanitario de Monforte de Lemos. Das 41 prazas correspondentes á categoría de grupo auxiliar da función administrativa, 28 son do distrito sanitario de Lugo e 13 do distrito sanitario de A Mariña. Finalmente, na categoría de celador incorporaranse con vínculo de fixeza ao Sergas 30 profesionais, dos que 22 corresponden ao distrito sanitario de Lugo, un ao de A Mariña e 7 ao distrito sanitario de Monforte de Lemos. En total, son 190 os profesionais que se incorporan ao sistema sanitario da provincia con condición de fixeza no seu posto de traballo.