InicioEconomíaObreiros de auxiliares e traballadores de Alcoa cortan os accesos á fábrica

Obreiros de auxiliares e traballadores de Alcoa cortan os accesos á fábrica

Centos de operarios bloquean desde primeira hora tanto a entrada principal do complexo industrial como o paso a través de Lago, para esixir a continuidade da produción e do emprego

Publicada o

- Advertisement -

Centenares de traballadores da industria auxiliar de Alcoa, nunha convocatoria á que se sumaron obreiros das fábricas de alúmina e aluminio, permanecen desde as sete da mañá deste martes fronte ao complexo industrial de San Cibrao cortando a entrada do mesmo para reclamar unha solución ao conflito laboral, toda vez que a propietaria se negou a vender as instalacións tanto a Liberty House como á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), e despois de que a negociación do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) acabase en desacordo.

Os traballadores, polo de agora sen necesidade de barricadas de pneumáticos, como noutras ocasións, bloquean tanto a entrada principal como o acceso ao complexo industrial en Lago (Xove). Unicamente se deixa entrar aos camións que veñen descargar, pero non sae material das plantas. Os obreiros tamén están a respectar a entrada e saída dos seus compañeiros nas quendas habituais, posto que queren coidar as cubas de electrólise, o “corazón industrial” da Mariña Lucense.

Unhas cubas cuxo apagado se negaron onte a asinar no período de consultas do ERE, ao entender que suporía a condena do complexo industrial e a aprobación dunha catástrofe social, económica e demográfica na comarca da Mariña Lucense. En diante, Alcoa ten 15 días para comunicar o despedimento colectivo, que podería resolverse nos tribunais, dado que a parte social entende que é evidente a “mala fe” negociadora da propietaria, que tiña sobre a mesa alternativas para evitar a sangría de empregos.

O persoal apela ás Administracións, Xunta de Galicia e Goberno central, para que non permitan que a vontade dunha multinacional pese máis ca o interese xeral e acabe coa única fábrica de aluminio primario de España.

ESTE MARTES, ASEMBLEA

Ás 13.00 horas, os obreiros de Alcoa e auxiliares están chamados a unha asemblea, na que os representantes dos traballadores explicarán os acontecementos do día de onte, unha xornada maratoniana; primeiro coa mesa multilateral, na que a multinacional se negou a rectificar e ampliar o prazo de negociación dunha venda, e finalmente co remate do período de consultas do ERE. Os sindicatos compartirán cos seus compañeiros a folla de ruta a seguir nos próximos días.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...