A estación meteorolóxica de Penedo do Galo, en Viveiro, rexistrou na mañá deste sábado refachos de vento que alcanzaron os 132,9 quilómetros por hora, o maior valor en toda Galicia, segundo os datos de Meteogalicia.
Tamén superou os 100 quilómetros por hora a estación de Burela, por riba dos 112. A Mariña manterase esta fin de semana en alerta amarela por mor dun temporal que xa obrigou a modificar o horario da Queima dos Fornos da Pontenova.
Punta Candieira (Cedeira), con máis de 107; A Gándara (Vimianzo), 106,9, e Punta Langosteira (Arteixo), por riba dos 104.