IniciosociedadeEstudan ampliar o recinto de Expomar pola Covid-19 e tralo récord de...

Estudan ampliar o recinto de Expomar pola Covid-19 e tralo récord de participación no 2019

A Fundación organizadora solicita á Xunta acoller de novo o Consello Galego de Pesca

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, mantivo este venres un encontro coa conselleira de Sanidade, Rosa Quintana, para planificar a vindeira edición, a décimo novena, da feira náutico pesqueira do mesmo nome, que se celebrará do 19 ao 22 de maio de 2021. Comezan agora os preparativos do evento, que podería acoller de novo a xuntanza do Consello Galego de Pesca, segundo a petición dos organizadores. Na reunión tamén se abordou a necesidade de ampliar o recinto feiral para cumprir cos protocolos Covid-19 e poder acoller a máis empresas.

Llano, que se desprazou a Santiago co xerente da fundación, José Manuel González “Brais”, e que participou nunha xuntanza na que tamén estivo a directora xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez, expuxo que “temos a clara intención de tentar facer a feira, polo tanto imos darlle a todo para adiante, cumprindo todos os requisitos, planificando e contactando con diferentes expositores e diferentes empresas, porque consideramos as dúas partes, Xunta e Expomar, que debemos darlle protagonismo ao sector náutico pesqueiro”.

135 STANDS E 350 EMPRESAS NA DÉCIMO OITAVA EDICIÓN

Llano subliñou que “hai moito interese por parte da Consellería tamén de que se efectúe esta nova edición de Expomar e tamén pedimos hoxe a ver si se pode contar como o ano pasado co Consello Galego de Pesca. Comentamos a necesidade de facer unha ampliación do recinto feiral para cumprir cos protocolos do coronavirus, e ademais para ampliar o espazo para que poidan acudir máis empresas e darlle máis importancia á feira”. A última edición, a de 2019, foi a máis concorrida da historia, con 135 stands que representaron a 350 marcas de diferentes países.

O alcalde engadiu que “foi unha conversa na que manifestamos, as dúas partes, a clara intención de beneficiar o máximo posible ao sector náutico pesqueiro e unha das fórmulas coa que contamos é facendo esta nova edición da Feira Náutico Pesqueira Expomar o ano que vén”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...