A cantante con raíces en Bravos Sabela Ramil seguirá en Operación Triunfo. A vocalista pontesa salvou a gala 5 do concurso con nota.
Sabela tivo que interpretar -desta volta xunto a Damion– unha canción afastada do seu estilo, como ocorreu varias veces desde o inicio do certame.
Sen embargo, a súa versión de ‘Volar’, de Macaco, valeulle para gañar o favor do xurado e do público.
O público elixiu á cantante galega entre os tres favoritos da gala. Con todo, Miki foi o concursante máis votado e quen obtivo o pase á seguinte rolda.
DAMION E MARTA, NOMINADOS
Sabela dependía do xurado, que valorou a súa actuación. Peor sorte correu o seu compañeiro; Damion, xunto a Marta, serán os nominados para gala 6.