IniciosociedadeBurela recuperará a mobilidade desde esta medianoite

Burela recuperará a mobilidade desde esta medianoite

A Xunta confirma o levantamento do confinamento perimetral pola "boa evolución epidemiolóxica" do municipio, con 11 positivos detectados nos últimos 14 días

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia emitiu este venres un comunicado no que informa de que na reunión do comité clínico acordou o alivio das restricións nos concellos de Neda, Fene, Burela, Oleiros, Lalín e Oroso, onde desde esta medianoite rexerán as medidas restritivas básicas, as de nivel 2; ademais de incorporar á localidade de Boiro á listaxe de concellos con restricións máximas. Deste xeito, o municipio burelao, o único que permanecía confinado perimetralmente desde a liberación de Viveiro, recuperará a mobilidade.

Desde este venres a hostalería pode abrir no municipio cos seguintes parámetros: aforamento do 50 por cento na hostalaría no interior e o 75 por cento no exterior. Ata as 23 horas e cun máximo de seis persoas, conviventes ou non.

O Goberno autonómico expón na nota que “tras analizar a positiva evolución epidemiolóxica” nos concellos de Neda, Fene, Burela, Oleiros, Lalín e Oroso, “en todos estes concellos pasará a rexer o nivel básico de medidas, unha conxuntura coa que se levantará a limitación de mobilidade que até de agora posuían”. Deste xeito, quedan 17 municipios en toda Galicia co nivel máximo de restricións, entre eles Boiro.

“Así mesmo, cómpre salientar que as localidades de Monfero, Pontedeume, Tui e Vilalba, malia continuar co mesmo nivel de restricións actual, serán obxecto dunha vixilancia especial por parte do grupo de expertos”, expón a Xunta. As medidas publicaranse esta tarde no Diario Oficial de Galicia e entrarán en vigor desde as 00.00 horas desta medianoite, conclúe.

VOLVE O PÚBLICO A VISTA ALEGRE

Coa liberación das restricións, tamén volverá a afección aos partidos do Pescados Rubén Burela FS, segundo anunciou o club. Os abonados poderán regresar a gozar do fútbol sala xa mañá coa xornada 8 de Primeira Feminina ante o Xaloc Alacant (18.30 horas).

O acceso ás instalacións estará tan só habilitado para abonados mixtos e femininos 2020-21, debendo presentar DNI; non haberá entradas á venda.

FOZ CONTA 20 POSITIVOS EN 14 DÍAS

A situación epidemiolóxica en Burela é favorable. Segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), o municipio conta once casos novos nos últimos 14 días, cando o pasado 27 de novembro eran 38 os localizados nese mesmo prazo. Foz e o outro concello da Mariña por riba dos dous díxitos, con 20 positivos novos en dúas semanas.

O Vicedo, Ourol, O Valadouro, Trabada e Barreiros están libres de Covid-19, mentres que Viveiro, Cervo, Alfoz, Mondoñedo, Lourenzá, Ribadeo, A Pontenova e Riortorto teñen menos de dez positivos confirmados nas últimas dúas semanas.

O HOSPITAL ATENDE TRES PACIENTES CON COVID-19

No tocante á provincia, o número de positivos activos é de 858, 27 menos ca onte. Os casos novos confirmados por PCR nas últimas 24 horas son 32.

Dos 858 contaxiados, 28 permanecen ingresados. O HULA atende 22, entre eles os dous pacientes da área sanitaria lucense que requiren coidados intensivos; o Hospital da Mariña atende tres doentes con Covid-19, os mesmos que o centro hospitalario de Monforte.

No histórico da provincia contabilízanse 126 falecementos, 5.397 altas e 6.382 contaxios acumulados. Fixéronse 105.746 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 706 probas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...