IniciosociedadeA cicloxénese Justine activará o sábado a alerta vermella na Mariña por...

A cicloxénese Justine activará o sábado a alerta vermella na Mariña por ondas de máis de oito metros

As primeiras consecuencias do temporal deixaranse sentir xa este xoves na comarca, en alerta amarela por refachos de vento superiores aos 80 km/h

Publicada o

- Advertisement -

A borrasca ‘Justine‘, convertida en cicloxénese explosiva, entrará en Galicia a última hora deste xoves. No entanto, Meteogalicia indicou que os efectos máis importantes produciranse o venres, no interior da comunidade, e o sábado, na costa galega, días nos que estarán decretadas alertas de nivel amarelo e vermello, respectivamente.

As primeiras rabexadas de Justine deixaranse sentir xa este xoves na zona da Mariña, en Lugo, en alerta amarela a partir das 12,00 horas por refachos de vento superiores ao 80 km/h. Este aviso estará activado, ademais, na Costa da Morte e no litoral noroeste da Coruña, onde se esperan ventos do suroeste de forza 7. Con todo, segundo indicou o meteorólogo Juan Taboada, consultado por Europa Press, o groso da borrasca tocará Galicia a noite do venres e o sábado.

O aviso amarelo por fortes ventos, con refachos superiores aos 70/80 km/h, mantense o venres en toda a comunidade, ao que se suma unha alerta da mesma intensidade no interior da provincia de Pontevedra e parte da da Coruña, por choivas de máis de 40 litros/m2 en 12 horas.

O VENRES, AVISO LARANXA NA COSTA

Ese mesmo día, a alerta en Costa da Morte e na costa noroeste coruñesa sobe a laranxa por ventos do suroeste de forza 8. Tal e como explicaron fontes de Meteogalicia, unha vez que os ventos amainen o temporal trasladarase á costa, onde se espera o seu maior impacto durante a xornada do sábado. Case todo o litoral galego estará en alerta laranxa por mar combinado con ondas de entre cinco e oito metros, así como por ventos de forza 7 e 8.

En Costa da Morte, a costa noroeste coruñesa e a Mariña luguesa, o aviso subirá ata o nivel vermello, con ondas de máis de oito metros. Ademais, a alerta amarela por choivas manterase o sábado no interior de Pontevedra e gran parte da provincia da Coruña, onde se espera que se alcancen os 40 litros/m2 en 12 horas. Na montaña ourensá e a provincia de Lugo, o nivel de alerta seguirá en amarelo por refachos de vento superiores ao 70 km/h.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...