Iniciosociedade(ACTUALIZACIÓN) Dan positivo trece dos 16 tripulantes do Nuevo Madre Rosaura, con...

(ACTUALIZACIÓN) Dan positivo trece dos 16 tripulantes do Nuevo Madre Rosaura, con base en Burela

Segundo concretou o Sergas, a tripulación provén fundamentalmente do municipio burelao e de Xove e Viveiro; este xoves iniciouse un cribado entre as familias das persoas contaxiadas

Publicada o

- Advertisement -

Trece dos 16 tripulantes dun barco con porto base en Burela, o pincheiro Nuevo Madre Rosaura, deron positivo por Covid-19. Dous dos mariñeiros deron negativo e pasan a corentena no barco, mentres que o restante membro da tripulación xa pasara con anterioridade a enfermidade. Actualmente estanse a realizar as xestións para que as persoas contaxiadas pasen o confinamento nos seus domicilios.

O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, Ramón Ares, concretou que no día de onte o buque, que faena habitualmente no caladoiro de Gran Sol, chegaba ao peirao con tripulantes que presentaban unha sintomatoloxía compatible co coronavirus. Unha vez no porto fíxose o estudo epidemiolóxico correspondente, coas probas PCR positivas.

O dirixente do Sergas precisou que os tripulantes “son fundamentalmente veciños da Mariña, de Viveiro, Xove e Burela”, e engadiu que se iniciou “o estudo de contactos da contorna familiar destas 14 persoas”, para o correspondente “cribado á poboación” que xa comezou “no día de hoxe”. Outras fontes consultadas confirmaron que tanto as persoas que deron positivo como as que deron negativo se atopan ben, estando á expectativa sobre posibles cambios no seu estado de saúde.

As mesmas fontes concretan que se illou o barco dentro do peirao, como aconteceu en anteriores ocasións. Os rápidos contaxios das tripulacións nos buques pesqueiros son unha constante desde o inicio da pandemia, como demostran os casos previos do Adviento Uno, o Punta do Xuncos ou o Valle Fraga.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...