IniciosociedadeUn grupo de xabarís, de paseo polas aforas de Burela

Un grupo de xabarís, de paseo polas aforas de Burela

Unha familia con dous adultos e un exemplar novo foi fotografado no aparcadoiro de Construdeco

Publicada o

- Advertisement -

Unha familia de xabarís foi vista na tarde deste xoves nas aforas de Burela, á altura do aparcadoiro da empresa Construdeco.

O grupo, con dous exemplares adultos e un exemplar novo, foi fotografado mentres camiña a paso lixeiro sobre as sete da tarde.

A Policía Local de Burela recibiu aviso da súa presenza nas aforas da vila, pero non puido localizalos. En calquera caso, polo de agora non se documentaron incidencias do seu paso.

A presenza do xabaril preto dos núcleos urbáns é unha realidade en toda Galicia, á que A Mariña non escapa.

Os animais, no aparcadoiro. AXM

ENCONTROS NAS VILAS

Nos últimos anos sucedéronse os encontros con estes animais en lugares como Ribadeo, Burela, Viveiro ou Foz, e tamén os accidentes de tráfico e mesmo de tren ao topar con grupos en estradas e vías ferroviarias.

OS AGRICULTORES FALAN DE “PRAGA”

As asociacións agrícolas aseguran que o número de xabarís está en aumento -mesmo chegaron a falar de “praga“- que esta circunstancia está a provocar un problema nas colleitas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...