InicioDeportesO rugby feminino español cítase en Ribadeo en 2019

O rugby feminino español cítase en Ribadeo en 2019

A vila ribadense acollerá o 29 e o 30 de xuño o campionato de España da especialidade, no que participarán 16 seleccións autonómicas

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo será os días 29 e 30 de xuño o epicentro do rugby feminino co Campionato de España de seleccións autonómicas.

Un total de 16 comunidades participarán no campionato, presentado este venres no salón de plenos do consistorio ribadense. Agárdase que acudan boa parte das xogadoras internacionais que integran o combinado español, actual campión de Europa da especialidade. 

Presentaron a cita o alcalde, Fernando Suárez Barcia; os concelleiros de deportes e de igualdade, David Rivas e Mariluz Álvarez; o presidente da Federación Galega de Rugby, Nacho Cociña; o seleccionador galego da autonómica feminina de rugby, Jos Portos; o adestrador do club Be One Ribadeo Rugby, Guillermo Fernández; e Roberto Ramos, que é o director xeral de Be One, empresa que patrocina ao equipo ribadense e á selección galega.

Rivas subliñou que “no concello de Ribadeo non quixemos deixar pasar esta oportunidade histórica que se nos brindou para apoiar e promocionar o deporte feminino, neste caso o rugby”. O concelleiro destacou o traballo do Be One e lembrou que “hai tres anos este deporte non existía no municipio“.

O concelleiro destacou que Galicia é a vixente campioa do torneo e que na pasada edición contou cunha ribadense nas súas filas, Ana Iglesias, do CRAT A Coruña. Outra integrante deste mesmo conxunto, Tania García, tamén é natural do concello.

IMPACTO ECONÓMICO

O edil de deportes ribadense resaltou o “importante impacto que suporán na economía ribadense 16 seleccións de entre 15 e 18 integrantes cada unha, máis as respectivas afeccións, nunha fin de semana na que Ribadeo será o centro de todas as miradas no mundo do rugby”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...