IniciosociedadeEn Marea insta á Xunta a aclarar por que quita un TES...

En Marea insta á Xunta a aclarar por que quita un TES da ambulancia cando aumentará o orzamento

O partido instrumental considera "inxustificado" o recorte na Mariña, unha das zonas "peor dotadas" en trasporte urxente sanitario terrestre

Publicada o

- Advertisement -

En Marea levará ao Parlamento galego o recorte dun Técnico de Emerxencias Sanitarias (TES) que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) pretende realizar na ambulancia medicalizada da Mariña Lucense, ubicada en Foz.

Segundo lembra o partido instrumental, o pasado 29 de abril a Xunta de Galicia publicou os pregos do concurso público para o servizo de transporte sanitario urxente. Nas condicións desta convocatoria, sinala, explica que “as ambulancias medicalizada deberán dispor dun condutor en posesión do título de TES e outro en funcións de axudante, coa mesma titulación, como mínimo”.

Sen embargo, expón En Marea, “desta esixencia a propia convocatoria elimina ás ambulancias de soporte vital avanzado de Foz e Monforte de Lemos, que só contarán cun TES. A raíz desta publicación as deputadas de En Marea, Paula Vázquez Verao e Eva Solla presentaron unha interpelación ao Goberno sobre o por que desta “exclusión” para as comarcas lucenses.

“MENOS DEREITOS” PARA OS LUCENSES

Segundo explica Vázquez Verao, “a Xunta do PP continúa desprezando ás comarcas de Lugo”. A deputada de En Marea sinala que esta falta de dotación “é especialmente acusada” na Mariña Lucense. “É un recorte inxustificado, por ser esta unha das zonas peor dotadas en transporte sanitario urxente de Galicia”.

No tocante a Lemos, afirma que “foi un escándalo a tardanza en dispor dunha ambulancia medicalizada, cando só hai unha asistencial básica por quenda en cada unha das bases; Monforte, Chantada e Quiroga“. Agora, lamenta o partido instrumental, “dótase dun servizo dunha soa praza de persoal técnico. A Xunta debe explicar por que concede menos dereitos ás persoas da comarca”. 

En Marea pregunta ao Executivo autonómico se vai dar marcha atrás e “se vai haber un aumento do orzamento do transporte sanitario urxente para a Mariña Lucense nos vindeiros anos, por que se recorta en persoal”.

ESQUELAS COMO PROTESTA

Os traballadores continúan as súas protestas. Tras publicar un vídeo no que profesionais e pacientes posiciónanse contra o recorte, os operarios empapelarán a comarca cunha esquela na que simbolizan “o falecemento da ambulancia medicalizada da Mariña”. Con sorna, os técnicos sinalan que a viúva da defunta é a “ambulancia asistencial básica de Foz”, que desde o 2011, por mor dun recorte da Xunta, só está operativa doce horas ao día.

O PP TACHA Á OPOSICIÓN DE “SALVAPATRIAS”

O Partido Popular (PP) da Mariña saíu ao paso da crítica unánime da oposición. Os conservadores argumentan que “foi o Goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo quen en 2010 dotou a esta comarca da ambulancia medicalizada con base en Foz e do helicóptero Pesca II. Ata ese momento a zona carecía dese servizo porque o bipartito o negaba”.

Os populares critican que PSOE e BNG pretendan presentarse agora como “salvapatrias” atribuíndose uns servizos “dos que no seu momento privaban á comarca”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...