InicioM.ambiente e PatrimonioEn Marea pide a demisión de Tahoces e a paralización do parque...

En Marea pide a demisión de Tahoces e a paralización do parque eólico de Sasdónigas

O partido instrumental esixe a renuncia ou o cesamento do responsable de Enerxía e Minas por "beneficiar" a Norvento e permitir danos no Camiño de Santiago

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O voceiro de En Marea, Luís Villares, esixiu este mércores a paralización das obras do parque eólico de Sasdónigas, no municipio de Mondoñedo, que están a supoñer “un inmenso impacto medioambiental e paisaxísticos” a cambio de beneficiar “a unha empresa amiga” da Xunta de Galicia.

Non é “un caso illado” pero evidencia “a desvergoña como forma de goberno” da Xunta con actuacións que demostran que “a maior ameaza para o Camiño de Santiago” está no Executivo autonómico “e chámase Ángel Bernardo Tahoces“, o responsable de Enerxía de Minas, a quen lle pide a demisión.

“En Marea leva meses a denunciar o completo arrase do patrimonio cultural e histórico” que, ao seu xuízo, Tahoces investigado nun proceso aberto pola presunta comisión dun delito de prevaricación ambiental pola reapertura da mina de San Finx-, non ten en conta.

IMPACTO NUN XACEMENTO E NO CAMIÑO

Segundo a versión de Villares, Tahoces oculta ao resto do Goberno autonómico o custo que estas obras están a ter en tanto que a directoria de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua, negou recoñecer que se estivese a “devastar” un lugar no que recentemente apareceu unha moeda de bronce de orixe romana.

“É surrealista que sexa En Marea quen ten que facilitar a Patrimonio un informe que ten Tahoces” sobre unha situación acerca da que se interpuxeron incluso “máis de dez denuncias na Fiscalía” pola súa afectación ao Camiño, lembrou.

Neste senso, o parlamentario Francisco Casal lembrou que logo dun informe “feito por Norvento no que, casualmente, non atoparon nada de valor arqueolóxico, uns paseantes deron cunha moeda e uns cravos romanos, recoñecidos como tales por Patrimonio, que agora pón a excusa de que non está demostrado que, con todo, alí houbera romanos”.

Ao respecto, En Marea solicitará a comparecencia do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, porque “con este exemplo de corrupción institucional” que encabeza Tahoces “parecen empeñados en matar a galiña dos ovos de ouro” que é o Camiño de Santiago, afirmou Villares.

En base a isto, insistiu en solicitar a demisión de Tahoces ou o seu cesamento para que non se lle permita “que siga facendo e desfacendo sen que ninguén lle pare os pés“.

PREXUÍZOS MEDIOAMBIENTAIS E PAISAXÍSTICOS

“O que non pode ser é que por optimizar un 4% o rendemento dos muíños, as grandes empresas eólicas os poidan poñer onde lles dá a gaña”, insistiu Casal, que tamén relatou como na súa visita á zona puido comprobar como se está desecando unha lagoa de gran valor ambiental para moita fauna.

Na mesma liña, a candidata de En Marea á alcaldía de Mondoñedo, Chus Amieiro, lamentou a situación na que está a quedar o municipio, posto que “se están a cargar o medioambiente e a paisaxe con total impunidade”.

“É horrible ver como a xente perde as súas terras por 0,01 euros o metro“, asegurou, para engadir que as sinaturares dese contrato “acadáronse case con coaccións”.

Amieiro comprometeuse así a velar polo cumprimento da protección do Camiño neste municipio, porque “o Concello e a Xunta teñen que ser garantía da seguridade dos veciños e nunca dunha empresa, e menos dunha eléctrica“, zanxou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...