Iniciosociedade'Miguel' deixa ventos de 132 qm/h en Viveiro e seguirase a notar...

‘Miguel’ deixa ventos de 132 qm/h en Viveiro e seguirase a notar o venres

A cicloxénese explosiva tirou árbores sobre a estrada en puntos como O Valadouro, aínda que non houbo que lamentar incidencias graves

Publicada o

- Advertisement -

A borrasca ‘Miguel’ deixou case 250 incidencias ao seu paso pola xeografía galega, onde este xoves se rexistraron ventos de ata 132,7 quilómetros por hora (qm/h) en Viveiro e abundantes precipitacións que alcanzaron o seu valor máximo cos 75,6 litros por metro cadrado caídos na localidade coruñesa de Santa Comba.

A estación de Penedo do Galo rexistrou ás 17.00 horas o refacho de vento máis forte da xornada en Galicia, un día de moitas incidencias no que a Xunta de Galicia advertiu do risco das actividades deportivas ao aire libre e no que mesmo houbo que desviar dous voos.

Na Mariña Lucense no houbo que lamentar incidencias graves. O vento si se fixo notar ao tirar a última hora da tarde un par de árbores sobre a estrada no municipio do Valadouro, segundo confirmaron desde o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo.

ALERTA LARANXA ATA A MADRUGADA

A alerta laranxa por temporal costeiro na Mariña Lucense manterase aproximadamente ata as tres da madrugada. Agárdase vento do oeste ou suroeste de forza 8 ou 9, ocasionalmente 10 na contorna da Estaca de Bares, e mar combinado do oeste ou noroeste con ondas de ata sete metros.

A Xunta advirte do risco de achegarse á costa, a diques ou rompentes, ante a posibilidade de que se produza un golpe de mar.

O VENRES, AVISO AMARELO

Para o venres, a advertencia baixará de intensidade, de aviso laranxa a amarelo. A previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) é de temporal costeiro, ata aproximadamente as 10.00 horas, con vento do oeste de forza 7. Agárdase mar combinado do noroeste con ondas de ata cinco metros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...